RCD / NOVAS

O Dépor Genuine arrinca a temporada mañá na Marosa Cup

28/09/2019 11:30

O Deportivo de LaLiga Genuine xogará mañá os seus primeiros partidos do ano após tres semanas de adestramentos esta temporada.

A cita sera en Burela para a disputa da Marosa Cup, con 16 futbolistas convocados para saír en autobús ás 07:30 h.

Andrés Barbeito, Sergio Díaz, Senén Fernández, Bárbara Flóres, Alejandro Gómez, Saúl Jiménez, Anxo Martínez, David Miranda, Segio Nieto, Alejandro Rey, Miguel Rivas, José Manuel Serrano, Juan Torréns, Daniel Trasancos, Víctor Vales e Mario Ventura son os citados para os partidos ante o CD Lugo (11:00 h.) e RC Celta (12:00).

Após o Celta-Lugo das 13:00 coñecerase o equipo que leva a Marosa Cup 2019 entre os equipos galegos de LaLiga Genuine, que porán punto final á cita cunha comida de confraternidade.