RCD / NOVAS

O Dépor Genuine comeza a adestrar e busca novos integrantes

28/09/2021 20:04

O vindeiro venres 1 de outubro, a Fundación RC Deportivo organiza o primeiro adestramento do equipo de LaLiga Genuine 2021-2022, na que será, ademais unha xornada de portas abertas co obxectivo de que aquelas persoas que estean interesadas en formar parte do equipo poidan coñecer en primeira persoa o proxecto e ter así a posibilidade de formar parte do mesmo ante as baixas que, por alcanzar a idade máxima de participación, producíronse no equipo.

Para esta xornada o número de futbolistas que poden participar é limitado, polo que aquelas persoas interesadas en participar deben enviar un correo electrónico a fundacion@fundacionrcdeportivo.es antes do mércores 29 de setembro ás 14:00 h. cos seguintes datos: nome completo, idade, teléfono de contacto, grao de discapacidade e calquera información sobre a súa saúde que poida ser de interese. Lembramos que nestas xornadas poden participar aquelas persoas que poidan acreditar, mediante documentación oficial, unha discapacidade intelectual mínima do 33% e en idades comprendidas entre os 17 e 35 anos. Ademais, deben levar roupa cómoda de deporte e botas de fútbol aptas para a práctica deportiva.

A xornada terá lugar o 1 de outubro na Cidade Deportiva de Abegondo de 17:00 a 18:00 horas.