O Dépor Genuine regresou hoxe á actividade na segunda xornada da Liga Galega
Despois dun ano e medio sen competición, o Deportivo Genuine volveu á actividade hoxe martes 13 de outubro coa disputa da segunda xornada da Liga Galega da Federación Galega de Deporte Adaptado.
Os partidos desenvolvéronse no complexo vigués da Madroa e o RC Deportivo participou con dous equipos.
Os resultados foron os seguintes:
Dépor Genuine A 5 (Álex Rei -4- e Álvaro) - Asdan 6 Dépor Genuine A 2 (Álex Rei) - RC Celta B 4
Dépor Genuine B 6 (Miguel -3-, Nikita, Juan e Roi) - Saladino Cortizo 0 Dépor Genuine B 3 (Miguel -2- e Gabi) - San Rafael 0