RCD / NOVAS

O Dépor inaugura a nova zona de moda e deporte de Marineda City coa nova DéporTienda

01/08/2017 13:05

Mañá mércores 2 de agosto, o Deportivo será o gran protagonista da inauguración da nova zona de moda e deporte do centro comercial Marineda City, a estrea dos novos equipamentos e da posta de longo oficial da nova DéporTienda.

Os xogadores do Dépor Sidnei e Pedro Mosquera e as xogadoras do Deportivo ABANCA Estefi e Lía actuarán como padriños e madriñas, mentres que as novas incorporacións do primeiro equipo cara á Temporada 2017-2018 protagonizarán o acto de presentación dos novos equipamentos.

O acto, aberto ao público, comezará ás 12:30 horas coa inauguración oficial da DéporTienda. Posteriormente, chegará a presentación das fichaxes branquiazuis (Francis Uzoho, Fede Cartabia, Carles Gil, Fede Valverde, Gerard Valentín, Zakaria Bakkali e Fabian Schär), que á súa vez presentarán os uniformes producidos por Macron para o curso 2017-2018. Desde ese momento poderanse comprar, en exclusiva na DéporTienda de Marineda City, as primeiras unidades (talles S e M) do equipamento Faro, polo momento inédita para os afeccionados branquiazuis e estreada en Porto o pasado domingo polo equipo.

Os asistentes poderán conseguir agasallos, firmas dos xogadores e entrarán no sorteo de dous abonos para a Temporada 2017-2018.

A nova zona de moda e deporte de Marineda City, de máis 3.500 metros cadrados de extensión, está situada na primeira planta do centro comercial.