RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor mantén o alto ritmo de traballo en vésperas da dobre sesión de mañá venres

O Deportivo mantén o alto ritmo de adestramento na única sesión de traballo de hoxe xoves, en vésperas doutra dobre quenda mañá venres.

Divididos en 3 quendas, os futbolistas branquiazuis, despois dun quecemento e fútbol-tenis, pasaron a unhas tarefas técnicas (rondos...) e tácticas con Fernando Vázquez no campo 2; e entre ambas un circuíto de forza preventiva supervisado por Fran Molano, readaptador.

Ademais de Somma, adestráronse hoxe á marxe do grupo Eneko Bóveda, Mujaid e Valín, este con molestias nun aductor, pendente de avaliación médica.

Mañá venres, o equipo ten sesión de mañá (09:30, 10:40 e 11:45) e de tarde (17:30 18:30 e 19:30 horas).