RCD / NOVAS

O Dépor pasa a noite nas Palmas e regresa mañá luns á Coruña, vía Madrid

13/10/2019 23:55

Finalizado o choque no Estadio Gran Canaria, o Deportivo pasa a noite no Hotel AC Gran Canaria, cuartel xeral branquiazul nas Palmas.

O regreso será mañá, vía Madrid, con chegada ao Aeroporto da Coruña ás 15:35 horas.

Luis César citou ao seu cadro o martes 15 de outubro ás 17:00, para comezar a preparar a seguinte cita ligueira, a visita do Málaga CF a ABANCA-RIAZOR, o domingo 20 de outubro ás 16:00 horas (#Vamos).