RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor pecha a segunda semana de pretemporada cun adestramento en Abegondo en tres grupos

O primeiro equipo concluíu hoxe sábado 24 de xullo a segunda semana de pretemporada cun adestramento en Abegondo. 

Para esta tarde estaba fixado o primeiro amigable, ante o Racing Villalbés na Magdalena, pero o partido foi suspendido até novo aviso.

O motivo deste adiamento é un positivo de COVID-19 no cadro branquiazul. Os Servizos Médicos do Club non queren correr riscos ante o que suporía unha viaxe de ida e volta en autocar até Vilalba e un partido.

Así pois, Borja Jiménez citou aos seus futbolistas esta mañá na Cidade Deportiva en tres grupos: 10:00, 11:00 e 13:00 h.

O técnico deportivista dispuxo un quecemento, un circuíto físico con balón e, para concluír, fútbol en espazo reducido. Todo iso entre os campos 4 e 5 de Abegondo.

Adestráronse á marxe Pablo Brea, Valín e Jaime. Pola súa banda, Alberto Benito permanece no seu domicilio con traballo individualizado ata que ditaminen os Servizos Médicos.

Rolan, Uche e Fede Cartabia teñen permiso; e Celso Borges está concentrado coa súa selección na Copa de Ouro da CONCACAF.

Yeremay, Noel, Guille Bueno, Trilli, Brais Suárez, Iván Guerrero, Alberto, Juan Rodríguez, Nájera e Mella completaron a representación de #ANOSACANTEIRA no primeiro equipo.

Cunha climatoloxía idónea para unha pretemporada: nubrado con choivas ocasionais e temperaturas non superiores aos 20 graos, o Dépor 2021-22 pechou os seus primeiros 15 días de traballo.

Mañá domingo 25 de xullo haberá xornada de descanso. O primeiro equipo regresa aos adestramentos o luns 26 de xullo ás 10:30 h. en Abegondo.