RCD / NOVAS

O Dépor pecha con tres empates a un gol a segunda xornada de LaLiga Genuine

01/03/2020 13:15

O Dépor participou esta fin de semana na Cidade Deportiva Luis do Sol de Sevilla na segunda xornada da competición esta temporada. Os pupilos de Lucía Otero pechan esta fase con tres empates polo mesmo resultado (1-1), con Chema, Miguel e Álex Rey como goleadores.

Este mediodía pechouse a competición ante a UD Las Palmas cunha actuación goleadora destacada de Miguel:

Dépor 1-1 UD Las Palmas
1ª Parte 0-0
2ª Parte 3-0 (Miguel -3-)
3ª Parte 2-2 (Miguel e Chema)
4ª Parte 0-2

Onte pola mañá e pola tarde, Selecta e Vilarreal foron os opoñentes do Dépor:

Dépor 1-1 Granada
1ª Parte 0-1
2ª Parte 1-0 (Álex Rey)
3ª Parte 0-0
4ª Parte 0-0

Dépor 1-1 Vilarreal
1ª Parte 0-2
2ª Parte 0-4 (Álex Rey -2-, Chema e Miguel)
3ª Parte 0-0
4ª Parte 0-0

A próxima cita de LaLiga Genuine Santander para Os Nosos será os próximos 24, 25 e 26 de abril en Xixón.