RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor pechou LaLiga Genuine 2018-2019 en Valencia

Esta mañá concluíu na Cidade Deportiva de Paterna (Valencia) a xornada final de LaLiga Genuine 2018-2019, unha fin de semana na que participaron os 30 equipos que conforman LaLiga Genuine.

Coa entrega de trofeos e premios da xornada e da temporada concluíu o segundo dos dous días de competición nas instalacións da Valencia Club de Fútbol. O Málaga CF foi o campión do grupo Compañeirismo, o Athletic Club o do grupo Fair Play e o RC Celta o do grupo Deportividade.

O equipo branquiazul debutou onte no horario inaugural ante o Real Valladolidi e abriu tamén o vespertino ante o Reus CF. Contra os valisoletanos a vitoria foi por 2-1, mentres que ante os roxinegros, o Dépor caeu tamén pola mínima: 0-1.

Hoxe o Dépor pechou a temporada no Campo 1 de Paterna contra o Alavés, con derrota 3-1.

Estes foron os resultados do Dépor Genuine na Cidade Deportiva de Paterna:

Sábado 15 de xuño
10:00 Campo 4: REAL VALLADOLIDi - RC DEPORTIVO (1-2)
17:30 Campo 1: RC DEPORTIVO - CF REUS (0-1)

Domingo 16 de xuño
11:00 Campo 1: ALAVÉS - RC DEPORTIVO (3-1)