RCD / NOVAS

O Dépor regresa esta mesma tarde e adéstrase de novo mañá luns en Abegondo

26/09/2021 15:28

Finalizado o partido no Estadio Reina Sofía de Salamanca, a expedición do RC Deportivo regresa de maneira inmediata por estrada á Coruña.

Mañá luns 27 de setembro, Borja Jiménez citou ao seu cadro de novo en Abegondo ás 09:00 horas para almorzar e saltar ao céspede a partir das 10:30 horas. A semana será curta, posto que o venres 1 de outubro ás 21:00 horas (Footters), o Dépor recibirá en ABANCA-RIAZOR á SD Logroñés.