RCD / NOVAS

O Dépor regresa por estrada e adéstrase de novo o luns ás 17:00 en Abegondo

02/11/2019 19:10

Finalizado o choque no Estadio Fernando Torres de Fuenlabrada, o Deportivo emprende viaxe de regreso por estrada á Coruña.

Luis César citou ao seu cadro o luns 4 de novembro ás 17:00 horas en Abegondo para preparar a seguinte cita ligueira, a visita do Elche CF a ABANCA-RIAZOR, prevista para o domingo 10 de novembro ás 12:00 horas (Movistar LaLiga).

Así pois, mañá domingo haberá xornada de descanso para os futbolistas.