RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor traza o plan para recibir ao Albacete, con traballo táctico e de estratexia

O Deportivo púxose esta mañá ao choio co plan para tentar derrotar ao Albacete Balompié, este sábado 7 de setembro en ABANCA-RIAZOR (16:00 horas, Movistar LaLiga).

Para iso, tralo regulamentario quecemento, Anquela dividiu ao seu cadro en dous grupos. Mentres un grupo ensaiaba accións a balón parado no campo 3 baixo a supervisión de Alejandro Esteve, o outro grupo realizaba un exercicio táctico no campo 2. O traballo sobre o céspede finalizou con fútbol-tenis.

Borja Valle, Somma, Nolaskoain e Longo adestráronse á marxe dun grupo que hoxe contou con estes fabrilistas: Boian, Gandoy, Mujaid, Javi Sánchez, David Sánchez e Valín.

Mañá venres, o cadro adéstrase de novo en Abegondo a partir das 10:30 horas.