RCD / NOVAS

O Dépor ve cortada a súa boa xeira en #ONOSODERBI (0-1)

19/03/2017 21:29

O Deportivo non puido sacar nada positivo de #ONOSODERBI, ao ser derrotado pola mínima polo Celta en Riazor, nun partido de enorme intensidade e escasísimas accións de gol nas áreas.

Pepe Mel, adestrador do Deportivo, presentou dous cambios na súa aliñación con respecto ao equipo que bateu ao Barcelona o pasado fin de semana. Na defensa, o sancionado Fernando Navarro foi substituído por Luisinho, mentres que no mediocampo, Pedro Mosquera substituíu a Carles Gil.

A primeira media hora de xogo desenvolveuse sen apenas accións nas áreas. Nin Deportivo nin Celta conseguiron pór en apertos a Sergio Álvarez e Germán Lux, respectivamente. Foi un primeiro terzo de encontro no que dominaron os férreos sistemas defensivos, sen concesión algunha e moito contacto por parte de ambos os bandos.

Non foi ata o minuto 39 cando chegou a ocasión máis clara da primeira metade para o Celta, nunha longa acción que finalizou cun disparo de Jonny que rebotou en Juanfran e foi parar á cabeza de Bongonda, só no segundo pau. O belga non atinó cunha frouxa cabezada, que detivo Lux.

Catro minutos despois, tivo o Dépor a súa mellor oportunidade, nunha chegada pola dereita de Juanfran, dobrando por dentro a Bruno Gama. O lateral centrou atrás, onde rematou con dureza Fayçal Fajr, pero cando o balón se encamiñaba á rede topouse coa perna dun defensor celeste.

Nada máis comezar a segunda parte, antes de que discorresen dez segundos, chegou a ocasión máis clara ata entón, cando Facundo Roncaglia pifiou o seu despexe co pé dereito, co que deu unha patada ao aire. Celso Borges, que xogou practicamente como dianteiro á beira de Joselu, fíxose coa pelota pero no man a man con Sergio Álvarez estrelou o seu disparo no corpo da meta celeste. O rexeite caeu a Joselu, ao que lle punteou Nemanja Radoja e ese mesmo coiro foi a parar a pés de Bruno Gama, que golpeou en exceso co exterior da súa bota dereita, moi desviado.

A segunda parte transcorreu polos mesmos camiños, coa única diferenza de que o Celta si aproveitou a súa ocasión, nun centro de Pione Sisto desde o extremo dereito que rematou Iago Aspas na área pequena. Faltaba un cuarto de hora para o asubío final.

No minuto 87, Álex Bergantiños peiteou un fenomenal centro pechado de Emre Çolak. O esférico perdeuse por moi pouco á dereita do portal de Sergio Álvarez, sen que Borges puidese remachar no segundo pau.

A pesar da insistencia nos instantes finais, mediante varios saques dende o curruncho e faltas laterais, o Deportivo non foi capaz de lograr o empate. Con esta derrota, os branquiazuis quedan con 27 puntos, agora 6 por encima da zona de descenso, que marca o Sporting de Gijón.

RC Deportivo: Lux, Juanfran, Arribas, Albentosa, Luisinho, Bruno Gama (Carles Gil, min. 60), Álex Bergantiños, Pedro Mosquera, Fayçal Fajr (Emre Çolak, min. 77), Borges e Joselu (Andone, min. 66).

RC Celta de Vigo: Sergio Álvarez, Hugo Mallo, Cabral, Roncaglia, Jonny, Radoja, Pablo Hernández, Iago Aspas, Wass (Jozabed, min. 87), Bongonda (Pione Sisto, min. 71) e Guidetti (Beauvue, min. 12).

Gol: 0-1 Iago Aspas (min. 75).

Árbitro: Martínez Munuera (c. valenciano). Cartón amarelo a Cabral (min. 14), Luisinho (min. 56), Hugo Mallo (min. 65), Lux (min. 75), Pedro Mosquera (min. 80), Pablo Hernández (min. 83), Pione Sisto (min. 86) e Emre Çolak (min. 90+3).

Incidencias: partido correspondente á 28ª xornada de LaLiga Santander disputado no Estadio de Riazor ante 30.809 espectadores.

RCD / J28 LaLiga Santander

  • Lux
  • R. Albentosa
  • Juanfran
  • Luisinho
  • Arribas
  • Fajr (77')
  • Bruno Gama (60')
  • Pedro Mosquera
  • Álex Bergantiños
  • Celso Borges
  • Joselu (66')

Suplentes

  • Andone (66')
  • Kakuta
  • Emre Çolak (77')
  • Tytoń
  • Carles Gil (60')
  • Guilherme
  • Laure
  • Sergio A.
  • G. Cabral
  • Hugo Mallo
  • Jonny
  • Roncaglia
  • Iago Aspas
  • Radoja
  • Wass (87')
  • Bongonda (71')
  • P. Hernández
  • Guidetti (12')

Suplentes

  • Beauvue (12')
  • Sergi Gómez
  • Sisto (71')
  • Fontàs
  • Giuseppe Rossi
  • Iván Villar
  • Jozabed (87')

Estadio

Estadio ABANCA-RIAZOR (30.810 espectadores)

Goles

  • 0-1 (74'). Iago Aspas

Árbitro

Juan Martínez Munuera amoestou aLuisinho (56'), Lux (75'), Pedro Mosquera (80'), Emre Çolak (90+3') do RC Deportivo y G. Cabral (14'), Hugo Mallo (65'), P. Hernández (83'), Sisto (86') do RC Celta.