RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor viaxa hoxe a Santander con 18 futbolistas

Concluído o adestramento de hoxe venres en Abegondo, Luis César citou a 18 xogadores para visitar mañá sábado 26 de outubro (18:00 horas, Movistar LaLiga 1) ao Real Racing Club en El Sardinero.

Quedan fóra da convocatoria por lesión Somma, David Simón e Luis Ruiz.

No adestramento desta mañá, que arrancou após pasar os futbolistas pola sala de vídeo, Luis César dispuxo dun quecemento con xogos no campo 2, e, xa no campo 3, traballo táctico e repaso de accións a balón parado.

Os fabrilistas Boian, Bourdal e Mujaid adestráronse hoxe co primeiro equipo.

Os convocados, trala comida en Abegondo, desprázanse a Santander por estrada, segundo esta folla de ruta:

Venres 25 de outubro
15:00: Saída en autocar a Santander
20:00 (horario aproximado): Chegada a Santander e aloxamento no Hotel Sercotel Palacio do Mar

Sábado 26 de outubro
18:00: Real Racing Club - Deportivo, en El Sardinero
Ao concluír, viaxe en autocar á Coruña