RCD / NOVAS

O Dépor viaxa mañá ás Palmas con todos os dispoñibles, 14, e con 5 fabrilistas

11/10/2019 13:24

O Deportivo realizou esta mañá, en ABANCA-RIAZOR a porta pechada, o último adestramento na Coruña previo ao partido ante a UD Las Palmas, previsto para o domingo 13 de outubro ás 21:00 horas (20:00 hora insular, #Vamos) no Estadio Gran Canaria. A sesión de mañá sábado 12 de outubro será xa na Cidade Deportiva do conxunto canario.

Ao concluír, Luis César facilitou a lista 19 xogadores convocados para o choque ante os canarios. Quedan fóra da lista de maneira obrigatoria os internacionais (Gaku, Lampropoulos, Montero e Mollejo) e os lesionados (David Simón, Somma, Koné e Luis Ruiz).

Son novidade un total de 5 fabrilistas Javi Sánchez, Martí Vilà, Bourdal, Gandoy e Valín.

Esta mañá, após estiramentos e rondos, os futbolistas realizaron un exercicio de finalizacións e, para concluír, ensaio de accións a balón parado.
Os 19 convocados viaxan mañá sábado, con esta folla de ruta:

Sábado 12 de outubro
12:15: Saída do voo do Aeroporto da Coruña con destino Madrid
13:25 (hora aproximada): Chegada ao Aeroporto de Madrid
15:05: Saída do voo do Aeroporto de Madrid con destino Gran Canaria
17:00 (hora local, 18:00 hora peninsular, horario aproximado): Chegada ao Aeroporto de Gran Canaria e adestramento na Cidade Deportiva da UD Las Palmas

Ao finalizar, aloxamento no Hotel AC Gran Canaria

Domingo 13 de outubro
20:00 (hora local, 21:00 hora peninsular): UD Las Palmas – Deportivo, no Estadio de Gran Canaria

Luns 14 de outubro
07:05 (hora local, 8:05 hora peninsular): Saída do voo de Gran Canaria con destino ao Aeroporto de Madrid
10:50 (hora aproximada): Chegada ao Aeroporto de Madrid
14:20: Saída do voo de Madrid con destino ao Aeroporto da Coruña

15:35 (hora aproximada): Chegada ao Aeroporto da Coruña

Após o encontro, Luis César citou de novo a todo o seu cadro o martes 15 de outubro ás 17:00 en Abegondo.

RCD / AXENDA

02 DEC

Mércores 10:30 Abegondo

Adestramento

Campos 2-3

05 DEC

Sábado 17:00 Estadio de Pasarón

Pontevedra - Deportivo

7ª xornada de Liga

17 DEC

Xoves 17:00 Estadio ABANCA-RIAZOR

Partido

Xornada1 RC Deportivo - CD El Ejido