RCD / NOVAS

O Dépor visitará ao Bergantiños no terceiro partido de pretemporada o 4 de agosto

16/07/2021 14:30

O Deportivo visitará o municipal das Eiroas en Carballo para disputar o seu terceiro partido desta pretemporada fronte ao Bergantiños FC no medio da cuarta semana de preparación.

O partido disputarase o mércores 4 de agosto a partir das 19:00 h.

É a terceira das citas dun calendario de pretemporada que se irá confirmando nos próximos días e que se está configurando deste xeito:

RC Villalbés - RC Deportivo, sábado 24 de xullo, 19:00 h. A Magdalena

Viveiro CF - RC Deportivo, sábado 31 de xullo, 19:00 h. Cantarrana

Bergantiños FC - RC Deportivo, mércores 4 de agosto, 19:00 h. As Eiroas