RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

O Dépor xogará en Córdoba con Juan Domínguez, Juan Rodríguez e Desmarets no centro do campo

Miguel Ángel Lotina ensayó esta mañana no Mundo do Fútbol o posible once que saltará mañana martes de inicio no Arcángel de Córdoba (20.00 horas, Gol TV) no partido de ida de oitavos de final da Copa

Xa en rolda de prensa, confirmou ao tres centrocampistas e aclarou a ausencia de Antonio Tomás por segundo partido consecutivo: "aquí non se castiga a ninguén. Imos xogar con Juan Domínguez, Juan Rodríguez e Desmarets aí; e logo para cambios está Rubén. Decidín que non viaxe e xa está".
 
É máis, desvelou que falara deste tema co Presidente, Augusto César Lendoiro: "O que non se pode é comparar, como se fixo e faise normalmente unha acción dun adestramento coas imagenes de Aouate e Djalminha. Pero xa sei que ésto é xornalismo e todo vale. Ésto é un rifi rafe que vimos en varios equipos. É unha quentura normal nun adestramento e non hai castigo nin expediente".
 
Sobre a inminente apertura do mercado invernal, afirmou que "non se se imos fichar ou non. Non imos traer un xogador por traer porque non temos esa necesidade. Se aparece ese dianteiro e se pode ser farase. Igual que no verán. No verán non saíu, agora non o sei".
 
Tamén foi tallante en canto ás saídas: "Non hai previsto ningunha saída. O que pasa é que con este tema que se pode cambiar de equipo aínda que xogases cinco partidos nunca se sabe".
 
O adestrador deportivista volveu deixar claro o seu punto de vista sobre a Copa do Rei. "Co sorteo abríronse unhas expectativas, aínda que a min paréceme moi complicado. É verdade que hai dúas 'segundas' (Betis e Córdoba), pero agora entre os 16 equipos están todos, Real Madrid, Barça, Sevilla, Athletic de Bilbao, Atlético de Madrid. Están todos. Pero iso non quita que non queiramos chegar o máis lonxe posible na Copa e que non nola tomemos coa seriedade que se merece", argumenta Lotina.
 
Sobre o rival de mañá, lembrou que "o Córdoba eliminou ben ao Racing. É un equipo moi ben traballado, cun adestrador que traballa moi ben. Non vai ser un paseo, xa o vereis".
 
Neste sentido, Juan Rodríguez sinalou, tamén na sala de prensa do Mundo do Fútbol, que "no Córdoba teño varios amigos. Teñen xente con experiencia e calidade". Recoñece o centrocampista andaluz que o equipo "ten posta moita ilusión na Copa". Pide no entanto "saír mentalizados ao partido e facer as cousas ben".
 
Antes de falar de cuartos de final ou semifinais, Juan Rodríguez asegura que "é mellor ir partido a partido".