RCD / NOVAS

O Dépor, xunto a LaLiga na actividade LaLiga Za'atari Social Project

16/07/2019 18:49

O pasado domingo 14 de xullo celebrouse no Campo de Refuxiados de Za'atari a presentación oficial de LaLiga Za'atari Social Project, o proxecto socioeducativo que LaLiga leva desenvolvendo desde hai un ano a través da súa área de Proxectos Deportivos e FUNDACIÓN LaLiga, coa colaboración de AFDP Global (Asian Football Development Project).

Javier Tebas, presidente de LaLiga, o Príncipe Bin Al-Hussein, fundador de AFDP Global, Aránzazu Bañón, Embaixadora de España no Reino Hachemita de Xordania e Fernando Sanz, director de Relacións Institucionais Internacionais e director do proxecto Embaixadores e Lendas de LaLiga, participaron esta especial cita inaugural.

Foi unha xornada moi emotiva e cargada de sorpresas e valores, na que as cores das camisetas de LaLiga, entre elas a do Dépor coa bandeira galega como protagonnista, estiveron moi presentes, facendo deste evento un espazo de convivencia e ilusión compartida entre todos os que foron partícipes. O fin deste proxecto non é outro que promover valores e hábitos fundamentais para mellorar a calidade de vida da poboación de Za'atari a través do deporte, e en especial, dos seus nenos e nenas.

O calendario de competición e as xornadas establecidas para a disputa dos diferentes encontros publicarase proximamente para arrincar coa parte deportiva do proxecto nesta temporada 2019/20.