RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O DéporCampus Cabreiroá 2019 de Viveiro terá lugar do 8 ao 12 de xullo

Viveiro cumprirá un lustro como unha das sedes dos DéporCampus Cabreiroá, grazas á colaboración entre o RC Deportivo, o Viveiro CF e o concello da vila da costa de Lugo.

A localidade da Mariña lucense é un dos clásicos dos DéporCampus Cabreiroá, pois será o quinto ano que acolla esta actividade.

Á presentación do DéporCampus Cabreiroá 2019 de Viveiro acudiron a alcaldesa María Loureiro e o directivo do Viveiro CF, Paco Rojo. Tamén participaron no acto, en representación do Club, Albert Gil e Carlos Ballesta.

Viveiro será unha das sedes destes DéporCampus Cabreiroá 2019 cunha quenda, do 8 ao 12 de xullo. O Campo de Fútbol Municipal do Cembedo será a sede deste DéporCampus Cabreiroá 2019, cuxas inscricións están abertas a nenas e nenos de entre 6 e 14 anos e poderán realizarse até o mediodía do xoves 4 de xullo.

Nesta ligazón podes consultar os prezos e nestoutro podes cubrir o formulario de inscrición.

Os DéporCampus Cabreiroá 2019 contan cun total de 15 sedes: 10 en Galicia, 1 en Cantabria e 4 fóra de España.

Podes atopar toda a información dos DéporCampus Cabreiroá en deporcampus.rcdeportivo.es/gl.