RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Deportivo ABANCA B entrará en xogo o 4 e 5 de setembro en Primeira Nacional

A Primeira Nacional Feminina, na que milita o Deportivo ABANCA B, arrincará a fin de semana do 4 e 5 de setembro, segundo confirmou a Real Federación Española de Fútbol.

A última xornada do ano 2021 será o 12 e 13 de decembro. Após o parón do Nadal, a competición renóvase o 8 e 9 de xaneiro de 2022. A temporada concluirá a fin de semana do 23 e 24 de maio do ano próximo.

Apunta a Federación que de cara á temporada 2022-2023 haberá unha nova reestruturación no fútbol feminino: a Primera Iberdrola terá unicamente 14 equipos (non os 16 que hai agora mesmo); e Reto Iberdrola quedará constituída nun só grupo de 16 equipos. Isto leva á creación dunha nova categoría, a Terceira RFEF, constituída por dous grupos de 16 equipos cada un.

A pasada campaña, o Deportivo ABANCA B acabou en cuarta posición do grupo 1º de Primeira Nacional nunha temporada na que ademais varias dos seus futbolistas foron asiduas nas convocatorias e nas aliñacións do primeiro equipo en Primera Iberdrola: Jessica, Patri López, Carlota, Eva Dios, María Figueroa, Sara Álvarez, Tati ou Marta Rico, a última en debutar na máxima categoría do fútbol nacional.