RCD / NOVAS

O Deportivo ABANCA gaña a liga e pelexará polo ascenso á Liga Iberdrola

31/03/2019 16:52

O Deportivo ABANCA superou este mediodía en Vigo ao Sárdoma CF (0-5) e, con este resultado, proclámase matematicamente, a falta de 2 xornadas para o final, campión de liga con toda xustiza.

É xusto a metade do camiño, posto que as deportivistas pelexarán agora polo gran obxectivo, o ascenso á Liga Iberdrola, un soño que agora está ao alcance da man. Serán dúas eliminatorias a dobre partido. O sorteo realizarase nada máis concluír a temporada ligueira.

Até o momento, o Deportivo ABANCA demostrou ser o mellor en todas as facetas. De 24 partidos gañou 23 e empatou 1, en total 70 puntos, por 63 do Oviedo Moderno CF, segundo clasificado. Ademais, é o equipo máis goleador (145 goles) e o menos goleado (12).

Estes datos demostran que as branquiazuis chegan afinadas á hora da verdade, ao playoff de ascenso.

Deportivo ABANCA: Miralles, Cris, Iris, Raquel, Erika, Teresa, Alba Merino, Yamamoto, Peke, Ali Muñoz e Gaby. Tamén xogaron: Nuria, Lía, Patri Díaz e Patri López.

Os goles deportivistas no campo das Relfas foron obra de Peke -2-, Gaby, Patri López e Teresa.

A competición sofre un parón a próxima semana. O 14 de abril de novo toca xogar lonxe de Abegondo, e de novo en Vigo, esta vez ante o Atlántida de Matamá; iso si, xa sen a presión dos puntos en xogo.

A campaña transcorre así para o equipo que prepara Manu Sánchez:

Deportivo ABANCA 2 (Lía e Peke) - CPM Friol CD Lugo 2
Victoria CF 0 - Deportivo ABANCA 7 (Teresa, Michelle Romero, Peke, Iris, Lía, Gaby e unha futbolista rival en propia meta)
Deportivo ABANCA 9 (Peke, Érika, Teresa, Iris -3-, Silvia Mérida e Kika -2-) - CD Monte 0
Atlético Arousana 0 - Deportivo ABANCA 8 (Érika, Peke, Teresa -2-, Gaby -2-, Carlota e unha futbolista rival en propia meta)
Deportivo ABANCA 5 (Gaby -2-, Miriam e Kika -2-) - CDE Rácing Féminas 1
Sporting de Gijón 3 - Deportivo ABANCA 4 (Michelle Romero -2-, Peke e Alba Merino)
Deportivo ABANCA 7 (Gaby -5-, Alba Merino e Érika) - Gijón FF 0
CD Valladares 0 - Deportivo ABANCA 5 (Michelle Romero, Ali, Nuria Rábano -2- e Peke)
Deportivo ABANCA 8 (Ali Muñoz -2-, Kika -2-, Gaby, Alba Merino, Erika e Yamamoto) - CD Oceja 1
Victoria FC 0 - Deportivo ABANCA 4 (Alba Merino, Gaby e Peke -2-)
Deportivo ABANCA 5 (Peke, Yamamoto, Alba Merino, Gaby e unha futbolista rival en propia meta) - Sárdoma CF 0
Deportivo ABANCA 12 (Teresa -2-, Yamamoto, Alba Merino -3-, Peke, Gaby -3- e Ali Muñoz -2-) - SCD Atlántida de Matamá 0
Oviedo Moderno CF 1 - Deportivo ABANCA 3 (Miriam, Gaby e Peke)
CPM Friol CD Lugo 2 - Deportivo ABANCA 3 (Gaby, Teresa e Peke)
Deportivo ABANCA 2 (Gaby e Peke) - Victoria CF 0
CD Monte 0 - Deportivo ABANCA 3 (Iris, Kika e unha futbolista rival en propia meta)
Deportivo ABANCA 14 (Michelle Romero -2-, Alba Merino -3-, Teresa, Yamamoto -2-, Ali Muñoz, Gaby -3-, Nuria e unha futbolista rival en propia meta) - Atlético Arousana 0
CDE Racing Féminas 0 - Deportivo ABANCA 3 ( Michelle Romero e Alba Merino -2-)
Deportivo ABANCA 7 (Alba Merino, Michelle Romero, Peke, Lía, Nuria, Ali Muñoz e unha futbolista rival en propia meta) - Sporting de Gijón 0
Gijón FF 0 - Deportivo ABANCA 9 ( Michelle Romero -2-, Peke -3-, Gaby, Iris, Ali Muñoz e Yamamoto)
Deportivo ABANCA 11 (Peke -5-, Laura, Iris, Yamamoto, Michelle Romero e Alba Merino -2) - CD Valladares 0
CD Oceja 1 - Deportivo ABANCA 5 (Alba Merino, Iris e Peke -3-)
Deportivo ABANCA 4 (Lía, Laura, Gaby e Ali Muñoz) - Victoria FC 1
Sárdoma CF 0 - Deportivo ABANCA 5 (Peke -2-, Gaby, Patri López e Teresa)