RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Deportivo ABANCA gana en Xixón o Trofeo Villa de Jovellanos

Após conquistar a Copa Deputación, o Deportivo ABANCA adxudicouse hoxe sábado a 2ª edición do Trofeo Villa de Jovellanos no campo de Santa Cruz de Xixón, ao derrotar ao Real Oviedo Femenino (2-0) e o Sporting de Gijón (0-4).

A competición disputouse baixo a modalidade de '3 en 1', con partidos de 45 minutos.

No primeiro deles, o Dépor ABANCA venceu ao Real Oviedo Femenino (2-0), con tantos de Peke e Alba Merino.

Dépor ABANCA: Misa, Cris, Laura, Iris, Noelia Villegas, Alba Suárez, Alba Merino, Michelle Romero, Athenea, Gaby e Peke.

No segundo encontro, ante o Sporting de Gijón, o triunfo tamén foi deportivista (0-4), con Alba Merino, Michelle Romero e Gaby -2- como goleadoras.

Dépor ABANCA: Sullastres, Cris, Silvia Mérida, María Méndez, Patri Díaz, Iris, Alba Merino, Yamamoto, Michelle Romero, Nuria Rábano e Peke. Tamén xogaron: Gaby, Athenea e Alba Suárez.

As citas de pretemporada previstas para o Dépor ABANCA, cos resultados dos partidos xa xogados, son as seguintes:

Mércores 31 de xullo, dezaseisavos de final da Copa Deputación: Once Caballeros CF 0 - Deportivo ABANCA 4 (Nuria Rábano, Kika, Peke e Noelia Villegas)
Domingo 4 de agosto: Campo de La Eragudina (Astorga), Deportivo ABANCA 0 - Madrid CFF 2
Luns 5 de agosto: Oitavos de final da Copa Deputación, campo da Porta Santa (Paiosaco), UD Paiosaco Hierros Añón 0 - Deportivo ABANCA 8 (Patri López -3-, Nuria Rábano -2-, Peke -2- e Silvia Mérida)
Xoves 8 de agosto: Cuartos de final da Copa Deputación, Abegondo: Orzán SD 0 - Dépor ABANCA 9 (Michelle Romero, Yamamoto, Peke -3-, Alba Suárez, Patri López, Gaby e unha futbolista rival en propia meta)
Sábado 10 de agosto: Trofeo Teresa Herrera, Estadio ABANCA-RIAZOR, Deportivo ABANCA 1 (Alba Merino) - UD Granadilla 5
Domingo 11 de agosto: Semifinais da Copa Deputación, Municipal de Santa Isabel (Santiago), Victoria FC 0 - Deportivo ABANCA 4 (Patri López, Carlota, Peke e Alba Suárez)
Mércores 14 de agosto: Final da Copa Deputación, campo das Eiroas (Carballo), Victoria CF 0 - Deportivo ABANCA 6 (Peke, María Méndez -2- Alba Suárez, Nuria Rábano e Carlota)
Sábado 17 de agosto: Trofeo '3 en 1' Vila de Jovellanos, campo de Santa Cruz (Xixón), Deportivo ABANCA 2 (Peke e Alba Merino) - Real Oviedo Femenino 0; Sporting de Gijón 0 - Depotivo ABANCA 4 (Alba Merino, Michelle Romero e Gaby -2-)
Sábado 31 de agosto: SC Braga - Deportivo ABANCA, en Braga (Portugal)