RCD / NOVAS

O Deportivo ABANCA mantén o paso firme tralo seu paso pola difícil cancha do CD Monte

27/01/2019 15:33

O Deportivo ABANCA mantén o paso firme após o seu partido ante o CD Monte (0-3), un equipo da zona media da táboa pero que se fai forte no seu terreo de xogo, o campo de O Monte, sempre incómodo para as rivais.

As branquiazuis tiraron de oficio para dobregar ás cántabras neste partido correspondente á 16ª xornada no grupo 1º de Segunda División Nacional.

Iris, Kika e unha futbolista rival en propia meta foron as autoras dos goles deportivistas.

Con este resultado, o Deportivo ABANCA segue á fronte da táboa con 46 puntos, por 43 do Oviedo Moderno, o seu inmediato perseguidor.

Deportivo ABANCA: Miralles, Cris, Laura, Silvia Mérida, Raquel, Iris, Teresa, Kika, Gaby, Peke e Michelle Romero. Tamén xogaron: Alba Merino, Patri López, Carlota e Lía.

A próxima fin de semana, o conxunto deportivista recibe en Abegondo ao Atlético Arousana.

A campaña transcorre así para o equipo que prepara Manu Sánchez:

Deportivo ABANCA 2 (Lía e Peke) - PM Friol CD Lugo 2
Victoria CF 0 - Deportivo ABANCA 7 (Teresa, Michelle Romero, Peke, Iris, Lía, Gaby e unha futbolista rival en propia meta)
Deportivo ABANCA 9 (Peke, Érika, Teresa, Iris -3-, Silvia Mérida e Kika -2-) - CD Monte 0
Atlético Arousana 0 - Deportivo ABANCA 8 (Érika, Peke, Teresa -2-, Gaby -2-, Carlota e unha futbolista rival en propia meta)
Deportivo ABANCA 5 (Gaby -2-, Miriam e Kika -2-) - CDE Rácing Féminas 1
Sporting de Gijón 3 - Deportivo ABANCA 4 (Michelle Romero -2-, Peke e Alba Merino)
Deportivo ABANCA 7 (Gaby -5-, Alba Merino e Érika) - Gijón FF 0
CD Valladares 0 - Deportivo ABANCA 5 (Michelle Romero, Ali, Nuria Rábano -2- e Peke)
Deportivo ABANCA 8 (Ali Muñoz -2-, Kika -2-, Gaby, Alba Merino, Erika e Yamamoto) - CD Oceja 1
Victoria FC 0 - Deportivo ABANCA 4 (Alba Merino, Gaby e Peke -2-)
Deportivo ABANCA 5 (Peke, Yamamoto, Alba Merino, Gaby e unha futbolista rival en propia meta) - Sárdoma CF 0
Deportivo ABANCA 12 (Teresa -2-, Yamamoto, Alba Merino -3-, Peke, Gaby -3- e Ali Muñoz -2-) - SCD Atlántida de Matamá 0
Real Oviedo Femenino 1 - Deportivo ABANCA 3 (Miriam, Gaby e Peke)
CPM Friol CD Lugo 2 - Deportivo ABANCA 3 (Gaby, Teresa e Peke)
Deportivo ABANCA 2 (Gaby e Peke) - Victoria CF 0
CD Monte 0 - Deportivo ABANCA 3 (Iris, Kika e unha futbolista rival en propia meta)