RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Deportivo ABANCA suspende os adestramentos

O Deportivo ABANCA suspendeu o adestramento previsto para o luns 16 de marzo ás 17:00 horas en Abegondo.

Así pois, coa Primeira Iberdrola tamén aprazada polo Covid-19, Manu Sánchez deu descanso ás súa futbolistas, sen data de regreso.

Iso si, as xogadoras levarán 'deberes' en forma de traballo físico para realizar cada día nos seus domicilios.

O obxectivo dos técnicos branquiazuis é o de readaptación á rutina semanal para encarar en boas condicións físicas o tramo final da competición.