RCD / NOVAS

O Deportivo ABANCA tumba ao Sporting após o descanso e garántese praza na nova Primeira B

24/02/2019 13:59

O Deportivo ABANCA goleou (7-0) en Abegondo ao Sporting de Gijón grazas sobre todo a unha efectiva segunda parte, na que chegaron 6 dos 7 tantos.

Até o descanso, ao que se chegou con 1-0, as asturianas capearon o temporal e mantivéronse con vida no partido.

Alba Merino, Michelle Romero, Peke, Lía, Nuria, Ali Muñoz e unha futbolista rival en propia meta foron as autoras dos goles branquiazuis, nun marcador que fai xustiza á superioridade deportivista.

A noticia negativa da mañá foi a lesión de Nuria Rábano, que se tivo que retirar nos minutos finais do partido a consecuencia dunhas molestias nun nocello, pendente de avaliación médica nas próximas horas.

Co marcador deste partido correspondente á 19ª xornada, o Deportivo ABANCA é lider con 55 puntos; por 52 puntos do Oviedo Moderno CF, segundo clasificado, e garántese praza na nova Primeira División Nacional B para a próxima temporada. É o primeiro salto de categoría do Dépor, que co liderado final optaría ademais a ascender a Primeira, á Liga Iberdrola. 

Deportivo ABANCA: Miralles, Cris, Patri Díaz, Laura, Silvia Mérida, Iris, Teresa, Alba Merino, Kika, Michelle Romero e Gaby. Tamén xogaron: Peke, Lía, Nuria e Ali Muñoz.

O vindeiro domingo, o Deportivo ABANCA visita ao Xixón FF.

A campaña transcorre así para o equipo que prepara Manu Sánchez:

Deportivo ABANCA 2 (Lía e Peke) - CPM Friol CD Lugo 2
Victoria CF 0 - Deportivo ABANCA 7 (Teresa, Michelle Romero, Peke, Iris, Lía, Gaby e unha futbolista rival en propia meta)
Deportivo ABANCA 9 (Peke, Érika, Teresa, Iris -3-, Silvia Mérida e Kika -2-) - CD Monte 0
Atlético Arousana 0 - Deportivo ABANCA 8 (Érika, Peke, Teresa -2-, Gaby -2-, Carlota e unha futbolista rival en propia meta)
Deportivo ABANCA 5 (Gaby -2-, Miriam e Kika -2-) - CDE Rácing Féminas 1
Sporting de Gijón 3 - Deportivo ABANCA 4 (Michelle Romero -2-, Peke e Alba Merino)
Deportivo ABANCA 7 (Gaby -5-, Alba Merino e Érika) - Gijón FF 0
CD Valladares 0 - Deportivo ABANCA 5 (Michelle Romero, Ali, Nuria Rábano -2- e Peke)
Deportivo ABANCA 8 (Ali Muñoz -2-, Kika -2-, Gaby, Alba Merino, Érika e Yamamoto) - CD Oceja 1
Victoria FC 0 - Deportivo ABANCA 4 (Alba Merino, Gaby e Peke -2-)
Deportivo ABANCA 5 (Peke, Yamamoto, Alba Merino, Gaby e unha futbolista rival en propia meta) - Sárdoma CF 0
Deportivo ABANCA 12 (Teresa -2-, Yamamoto, Alba Merino -3-, Peke, Gaby -3- e Ali Muñoz -2-) - SCD Atlántida de Matamá 0
Oviedo Moderno CF 1 - Deportivo ABANCA 3 (Miriam, Gaby e Peke)
CPM Friol CD Lugo 2 - Deportivo ABANCA 3 (Gaby, Teresa e Peke)
Deportivo ABANCA 2 (Gaby e Peke) - Victoria CF 0
CD Monte 0 - Deportivo ABANCA 3 (Iris, Kika e unha futbolista rival en propia meta)
Deportivo ABANCA 14 (Michelle Romero -2-, Alba Merino -3-, Teresa, Yamamoto -2-, Ali Muñoz, Gaby -3-, Nuria e unha futbolista rival en propia meta) - Atlético Arousana 0
CDE Racing Féminas 0 - Deportivo ABANCA 3 (Michelle Romero e Alba Merino -2-)
Deportivo ABANCA 7 (Alba Merino, Michelle Romero, Peke, Lía, Nuria, Ali Muñoz e unha futbolista rival en propia meta) - Sporting de Gijón 0