RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Deportivo acepta a solicitude de Quique Fornos de saír do Fabril de modo inminente para incorporarse ao Racing de Ferrol

Enrique Fornos e o Real Club Deportivo chegaron hoxe a un acordo para, atendendo a petición do xogador, deixar sen efecto inmediato o contrato que até 30 de xuño vinculaba a ambas as partes e, deste xeito, permitir ao futbolista de As Pontes incorporarse ao Racing Club de Ferrol e empezar a defender as cores do equipo da cidade departamental xa no final desta temporada.

Con este xesto o Real Club Deportivo quere agradecer a Quique Fornos a súa entrega, traballo e dedicación durante unha década no Club, na que acabou converténdose nun dos referentes de #anosacanteira. Do mesmo xeito quere desexarlle toda a sorte do mundo a nivel profesional e persoal no seu futuro lonxe de Abegondo.