RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Deportivo disputará en Sevilla a segunda jornada de LaLiga Genuine

O Deportivo Genuine parte esta mañá cara a Sevilla onde se xogará a segunda fase da temporada de LaLiga Genuine Santander .

Nesta ocasión, co Real Bétis Balompié como anfitrión, os encontros terán como escenario a Cidade Deportiva Luis del Sol. O conxunto coruñés disputará un total de tres partidos. O primeiro deles será mañá sábado (12:00 horas) fronte ao Granada, xa pola tarde (19:00 horas) terá como rival ao Villarreal CF. Na mañá do domingo (12:00 horas), o conxunto branquiazul pechará a súa participación ante a UD Las Palmas.

Lucía Otero, adestradora de equipo deportivista, convocou para esta ocasión a dieciseis futbolístas que son os seguintes: Víctor Vales, Senén Fernández, Bárbara Gabriela, Sergio Díaz, Andrés Barbeito, Alejandro Lugrís, Juan Montero, Alejandro Gómez, Anxo Martínez, David Miranda, José Serrano, Alejandro Rey, Alberto Piñeiro, Miguel Rivas, Saúl Jimenez e Sergio Nieto.

O equipo regresará á Coruña unha vez concluída a cerimonia de clausura.