RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Deportivo e a Federación de Peñas renovan o seu convenio

O RC Deportivo e a Federación de Peñas do Deportivo renovaron o seu convenio de colaboración, que se manterá en vigor por cuarta temporada consecutiva.

O convenio que regula as relacións entre as dúas entidades mantén en liñas xerais os mesmos puntos de campañas anteriores.

As peñas contarán con descontos en entradas, abonos e DéporTienda, ademais de corresponderlles unha porcentaxe das entradas proporcionadas polo equipo rival nos encontros que o Deportivo xogue como visitante. O Club tamén colaborará na activación do Día das Peñas, mentres que os xogadores seguirán acudindo a actos organizados polas agrupacións, como inauguracións ou entregas de premios, seguindo o protocolo establecido para cada caso.