RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Deportivo e Álex amplían un ano a súa vinculación e acordan a cesión ao Sporting a próxima temporada

O Real Club Deportivo e o seu capitán, Álex Bergantiños, asinaron este mediodía a ampliación do contrato do centrocampista coruñés ata o 30 de xuño de 2019. Tras este acordo, que reforza a vinculación do Dépor cun dos seus referentes dentro e fóra do terreo de xogo, ambas as partes decidiron que o xogador da Sagrada Familia dispute a próxima temporada cedido no Real Sporting de Gijón.

Álex Bergantiños e Tino Fernández ofrecerán esta tarde ás 18:30 na sala de prensa de Abegondo unha rolda de prensa.

O Deportivo quere desexar a Álex Bergantiños toda a sorte do mundo nesta nova etapa profesional que vai afrontar en terras asturianas e, sobre todo, agradecerlle sinceramente a exemplar representación que exerceu para o Club en cada unha das súas aparicións, tanto deportivas como institucionais.