RCD / NOVAS

O Deportivo e Pedro Sánchez acordan a saída do futbolista do Club

27/08/2019 18:00

O Real Club Deportivo, atendendo a solicitude realizada por motivos familiares polo xogador, chegou a un acordo con Pedro Sánchez para pór punto final á relación contractual que vinculaba a ambas as partes até o final desta temporada.

O Deportivo quere agradecer a Pedro o seu traballo e profesionalidade durante o ano que defendeu #asnosascores, desexándolle, no persoal e profesional, toda a sorte posible.

O xogador alacantino quixo, ademais, deixar esta carta de despedida á afección do Dépor:

"Deportivistas:
Esta tarde despedinme do club. Foi unha decisión dura, difícil. Motivos familiares leváronme a ter que dicirvos adeus e espero que o entendades.
Pecho deste xeito unha etapa como futbolista que xamais esquecerei. Na Coruña e no Dépor sentinme como na miña casa e este, sen dúbida, sempre será o meu mellor recordo. Quero agradecervos a tod@s @s deportivistas e a to@s os coruñeses a vosa xenerosidade e hospitalidade desde o primeiro día que cheguei.
Ademais, non quero marcharme sen dar as grazas especialmente ao club e aos seus directivos pola comprensión e axuda á hora de atopar a mellor solución para todas as partes nun momento así.
Voume deixando atrás un proxecto polo que apostei hai un ano e no que creo e crerei firmemente. Por iso, ademais de mostrar unha inmensa gratitude, quero desexar ao Deportivo e a todo o deportivismo a sorte necesaria para conseguir o obxectivo polo que tanto pelexei durante toda a miña estancia xunto a vós.
Até sempre!
Pedro Sánchez Moñino"