RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

"O do Numancia é dos partidos que máis imos aprender dos erros", sostén Carles Gil

Carles Gil manifestou na sala de prensa de Abegondo que o encontro do pasado sábado ante o CD Numancia "é dos partidos que máis imos poder aprender dos erros".

O atacante deportivista asegura que "estamos xa traballando moito esta semana. Vén un rival que está nun momento moi complicado pero que igual o pode facer máis perigoso. Vai ser un partido moi complicado e tentaremos levarnos os 3 puntos", o domingo 16 de decembro ante o Real Zaragoza (20:30 horas, Gol e LaLiga 1|2|3 TV).

Insiste en que "seguimos tendo unha dinámica boa a pesar do último empate. É un empate que nos vai a axudar moito a mellorar os erros que cometemos e a perfeccionalos para o seguinte partido".

Explica o empate porque "inconscientemente entras nunha mentalidade excesivamente positiva. Igual fai que este partido, se conseguises os 3 puntos ante o Numancia, hai un ambiente máis positivo, que imos conseguir os puntos si ou si. Demostrouse que nesta categoría eses partidos non existen. Cada partido é moi complicado. Calquera pode gañar a calquera. Este último partido vai facer que isto o teñamos máis na mente se cabe".

A nivel persoal, Carles asegurou atoparse "ben, sobre todo fisicamente. Tendo minutos, tentando axudar ao equipo en todo o posible".

Non lle preocupa marcar: "Loxicamente todos queremos facer goles. Ao final se non estivese a chegar á área, tendo ocasións, igual preocuparíame máis. Estou a telas. Agora mesmo non están a entrar. O importante é que a nivel goleador o equipo está moi ben, é o máximo goleador da categoría. Tento axudar ao equipo o máximo posible".