RCD / NOVAS

O Fabril arranca mañá martes a pretemporada con probas médicas no Centro QuirónSalud A Coruña de ABANCA-RIAZOR

19/07/2021 13:55

O Fabril inicia mañá martes 20 de xullo a pretemporada con probas médicas a todos os futbolistas e técnicos no Centro QuirónSalud de ABANCA-RIAZOR. Nestas probas, rutineiras cada verán, únense nesta ocasión as correspondentes ao COVID-19.

Os adestramentos no céspede comezarán o mércores 21 de xullo ás 10:00 horas baixo a dirección de Óscar Gilsanz.

Completan o corpo técnico David Lagar, segundo adestrador; Álex Carballo, preparador físico; e David Vidal, preparador de porteiros.

Os futbolistas citados para iniciar a pretemporada son os seguintes: Alejandro Barba, David Suárez, Javi Sanmartín e Juan Cambón.

A estes hai que sumar dúas novas fichaxes:

-David Martínez Otero (Redondela, 2 de setembro do 2000). A súa posición no campo é a de dianteiro. A temporada pasada militou no CD Choco, onde xogou 23 partidos e anotou 7 goles.

-Fabio González Antón (Cee, 30 de xullo do 2000). Xoga de mediocentro e a temporada pasada, nas filas do Silva SD, disputou 27 partidos e marcou 2 goles.

Ademais, Óscar Gilsanz contará nesta pretemporada cos seguintes xogadores xuvenís: Brais Val, Marío Domínguez, Raúl Gómez, Dani Barcia, Hugo Urdiales, Hugo Padín, Mario Nájera, Jairo Noriega, Alejandro González Bermejo, David Mella, Hugo Lemos, Víctor Guerra, Alfredo Rodríguez 'Fito', Enrique Teijo e Hugo Ríos.

Finalmente, Yeremay, Juan Rodríguez, Alberto, Iván Guerrero e Guille Bueno; ademais dos xuvenís Brais Suárez, Trilli e Noel López adéstranse cada día ás ordes de Borja Jiménez co primeiro equipo.