RCD / NOVAS

O Fabril ascende a Segunda B ao grande

28/05/2017 14:40

O Fabril tiña nos seus pés este mediodía en Riazor a posibilidade de resolver a temporada co gran obxectivo do ano, o ascenso a Segunda B, e non a desaproveitou. Nun partido complicado, os de Cristóbal conseguiron impoñerse ao Cacereño por 2 goles a 0 e asinar o regreso a Segunda B ao gañar a eliminatoria directa entre os campións dos diferentes grupos de Terceira.

Tras uns primeiros instantes de dominio alterno no que ambos os equipos trataron de marcar territorio e mostraron a súa maneira de entender o partido, as primeiras aproximacións á área, sen remate final, chegaron por parte dos visitantes. No minuto 6 tivo lugar a primeira chegada do Fabril por banda de Borja Galán que forzou un córner lanzado sen consecuencias.

Precisamente de saque de esquina no 15 rematou Jardel alto xusto despois dun gol anulado ao CP Cacereño por posición antirreglamentaria do autor do disparo.

A mellor ocasión do os verdibrancos chegou no minuto 20 cun lanzamento desde a frontal de Martins que despexou a dúas mans Álex Cobo. Como na ida, os extremeños empregáronse con contundencia ante un Fabril ao que lle custaba chegar en xogada e seguiu tendo as ocasións máis claras a balón parado, como un disparo á saída dun córner que non puido conectar Lucas en boca de gol.

O mesmo sucedeulle a Pinchi cun balón centrado en xogada pola dereita de Jardel, na aproximación máis clara da primeira parte, xa ao fío do descanso. Un descanso ao que se chegou co susto máis importante do partido por un remate moi próximo á escuadra de Pino tras rematar unha falta colgada á área.

A segunda metade non puido empezar mellor para o Fabril. Unha gran xogada en ataque con rápida triangulación acabou nos pés de Borja Galán, que rematou raso por baixo a Camacho adiantando ao Dépor B no marcador.

Coa vantaxe no partido o Fabril buscou un xogo máis combinativo aínda que menos vertical, que o Cacereño tentou atallar con dureza. Os vistantes apenas inquedaron a Álex Cobo e o Fabril tampouco dispuxo de claras oportunidades para ampliar vantaxe no marcador.

O ascenso puido irse ao traste no minuto 84 pero un paradón de Álex Cobo evitouno. Nas postrimerías do encontro o capitán do Dépor B, Álvaro Queijeiro, puxo a guinda a un partido sufrido co 2-0 que certificou a vitoria e o ascenso do Fabril a Segunda B para a próxima temporada.

Deportivo B: Álex Cobo; Blas, Fornos, Monsalve, Lucas, Carlos López, Edu Expósito, Borja Galán, Molina (Queijeiro, min. 74), Óscar Pinchi (Álex Corredera, min. 89) e Jardel (Borja Domingo, min. 58).

CP Cacereño: Camacho, Carlos, Dani, Asiel, Pablo Molina (Polo, min. 48), Pucho, Elías, Aarón, Copete, Pino (Artigas, min. 74) e Martins (Francisco, min. 49).

Goles: 1-0 Borja Galán (min. 46); 2-0 Álvaro Queijeiro (min. 90)

Árbitro: Carlos Pérez Fernández (C. Castelán Leonés), amoestou polo Fabril a Carlos López (min. 55), Lucas (min. 64), Edu Expósito (min. 86), Borja Domingo e Cristóbal (min. 89), expulsando ao visitante Copete no 89.

Incidencias: Partido de volta da Eliminatoria de Campións da Fase de Ascenso a Segunda B disputada en Riazor ante máis de 8.000 espectadores.

RCD / Vídeo

RCD / Vídeo