RCD / NOVAS

O Fabril asina táboas co CD Arenteiro no seu segundo amigable desta semana

14/08/2021 13:45

O Fabril disputou o seu segundo test da semana, esta vez ante o CD Arenteiro, novo equipo de 2ª RFEF do mesmo xeito que o Bergantiños CF, rival do conxunto de Óscar Gilsanz o pasado mércores.

Foron baixa no filial deportivista por problemas físicos Jairo e Mella; ademais dos catro futbolistas que están co primeiro equipo: Trilli, Noel, Yeremay e Alberto.

O resultado do partido, o de menos a estas alturas da temporada, acabou en táboas. Adiantouse o CD Arenteiro na primeira parte e igualou David Martínez 'Davo' na segunda.

Óscar Gilsanz deu minutos a todos os convocados, incluído o dianteiro xuvenil Hugo Baldomar.

Fabril: Brais, Iván Guerrero, Manu Berrocal, David Suárez, Dani Barcia, Brais Val, Víctor, Barba, David Martínez 'Davo', Nájera e Padín. Tamén xogaron: Quique Teijo, Seydiba, Juan Rodríguez, Urdiales, Fabio, Javi Sanmartín, Mario, Nacho, Hugo Baldomar e Raúl.

A próxima semana tamén haberá dobre partido para os fabrilistas: o mércores 18 mídense ao Ourense CF no campo da Pinguela de Monforte (19:00 horas) e o domingo 22 visitan ao Atlético Arteixo de Preferente (12:00 horas).

O calendario de pretemporada do Fabril, que se irá completando nos próximos días, é o seguinte:

Fabril 4 (Nájera -2-, Padín e Quique) - SD Sofán 1
Fabril 2 (Nacho e Mario) - Silva SD 0
Fabril 1 (David Martínez 'Davo') - Racing Villalbés 0
Fabril 1 (David Suárez) - Bergantiños CF 3
Fabril 1 (David Martínez'Davo') - CD Arenteiro 1

Ourense CF - Fabril, mércores 18 de agosto, 19:00 h., A Pinguela (Monforte de Lemos)

Atlético Arteixo - Fabril, domingo 22 de agosto, 12:00 h., Ponte dos Brozos (Arteixo)