RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Fabril, campión da Copa Deputación

O Fabril proclamouse campión da Copa Deputación ao derrotar esta tarde nas Eiroas (Carballo) ao Bergantiños CF (0-1).

O partido decidiuno Manu Mosquera co seu gol no minuto 41. E iso que o filial branquiazul afrontou o último cuarto de hora de partido con 10 xogadores por expulsión de Eimil. Pero o Fabril aguantou con orde e sacrificio o ímpeto local.

Foi a sexta Copa Deputación para o Club, tralas logradas en 1988, 1989, 1994, 1997 e a última en 2001, nunha final ante o Imperátor OAR.

Fabril: Boian, Valín, Eimil, Bourdal, Parga, Kanouté, Manu Mosquera, Novo, Jawed Boumeddane, Villares e Aarón. Tamén xogaron: Iñigo Reinoso, Edu Taboada e Sarmiento.

Para chegar a esta final, o conxunto de Luisito apeou ao Brexo Lema SD (dezaseisavos de final), San Tirso SD (oitavos), Sporting Sada (cuartos de final) e Galicia de Mugardos (semifinais).

A penúltima cita de pretemporada será no campo de La Eragudina de Astorga ante o Atlético Astorga CF, este sábado ás 19:00 horas.

Os compromisos de pretemporada confirmados do Fabril, cos resultados dos xa xogados, son os seguintes:

Mércores 24 de xullo: Cidade Deportiva de Abegondo, Deportivo 2 - Fabril 0
Sábado 27 de xullo: campo de Mirallos (Moraña), Fabril 0 - RC Celta B 0. A penaltis: 3-1; Fabril 1 (Valín) - Pontevedra CF 1
Mércores 31 de xullo: Dezaseisavos de final da Copa Deputación, Campo dos Pinares, Brexo Lema SD 0 - Fabril 4 (Mosquera, Mario Losada -2- e Novo)
Domingo 4 de agosto: Oitavos de final da Copa Deputación, campo do Monte (San Tirso), San Tirso SD 0 - Fabril 3 (Aarón, Pedro e un futbolista rival en propia porta)
Mércores 7 de agosto: Cuartos de final da Copa Deputación, campo das Mariñas: Sporting Sada 0 - Fabril 3 (Aarón, Kanouté e Sarmiento)
Domingo 11 de agosto: Semifinais da Copa Deputación, campo da Pedreira (Mugardos): Galicia de Mugardos 0 - Fabril 6 (Pedro -2-, David Sánchez, Jawed Boumeddane e Manu Mosquera -2-)
Mércores 14 de agosto: Final da Copa Deputación, campo das Eiroas (Carballo), Bergantiños CF 0 - Fabril 1 (Manu Mosquera)
Sábado 17 de agosto: Campo de La Eragudina (Astorga), 19:00 h, Atlético Astorga CF - Fabril