O Fabril comeza a perfilar o seu plantel para a Temporada 2017-18, en Segunda División B
Nada máis confirmarse o ascenso de categoría, os responsables da Dirección Deportiva do RC Deportivo puxéronse a perfilar o novo Fabril 2017-18, en Segunda División B.
Así, hai unha serie de futbolistas que non continuarán a próxima temporada en Abegondo. Son os seguintes: Anxo, Manú, Manu Molina, Naveira e Àlex Corredera.
O Real Club Deportivo quere agradecerlles a todos eles a súa dedicación e profesionalidade durante a súa etapa como deportivistas e fabrilistas, á vez que lles desexa de cara ao futuro moita sorte na súa traxectoria deportiva.