RCD / NOVAS

O Fabril deixa escapar a oportunidade ante o CD Barco

22/02/2020 19:21

Empate agridoce (1-1) do Fabril no campo de Calabagueiros ante o CD Barco, en partido correspondente á 25ª xornada de Terceira División.

Os fabrilistas, após empezar o encontro por detrás no marcador cun gol local aos 2 minutos de xogo, refixéronse rápido. Villares empatou no 6 e, sobre todo na segunda metade, o filial deportivista dominou ao CD Barco. Dispuxo de claras ocasións nas botas de Mario, Pedro ou Novo; e, aínda por riba, o colexiado do encontro, Adrián González Franco, anulou dous goles aos branquiazuis, por fóra de xogo un e por falta de Mario o outro.

Con este resultado, o Fabril suma 36 puntos na 6ª praza cun partido menos, o que disputará este martes 25 de febreiro (17:00) en Abegondo ante o UD Paiosaco H. Añón, correspondente á 17ª xornada e que foi aprazado no seu día polo temporal.

Fabril: Álex Cobo, Valín, Martí Vilà, Parga, Juan Rodríguez, Kanoute, Javi Sánchez, Gandoy, Mario Losada, Villares e Aarón. Tamén xogaron: Iago Novo, Boumeddane e Pedro.

Os resultados do equipo que dirixe Luisito até a data son os seguintes:

CD Choco 0 - Fabril 0
Fabril 2 (Gandoy e Mario Losada) - Ourense CF 0
CD Arenteiro 0 - Fabril 0
Fabril 4 (Gandoy, Mario Losada -2- e Pedro) - Alondras CF 1
SD Compostela 2 - Fabril 0
Fabril 2 (Aarón e Parga) - CD Barco 3
Bergantiños CF 1 - Fabril 3 (Aarón -2- e Pedro)
Fabril 1 (Mario Losada) - UD Somozas 1
Fabril 2 (Villares e Pedro) - Rápido de Bouzas 1
Polvorín FC 1 - Fabril 2 (Mario Losada -2-)
Fabril 3 (Aarón Sánchez, Mario Losada e Iago Parga) - UD Ourense 1
CD Estradense 0 - Fabril 2 (Javi Sánchez e Pedro)
Fabril 2 (Pedro e Gandoy) - CD As Pontes 1
Silva SD 2 - Fabril 1 (Mario Losada)
Fabril 0 - Racing Villalbés 1
CSD Arzúa 2 - Fabril 0
Fabril - UD Paiosaco H. Añón, o martes 25 de febreiro ás 16:15 en Abegondo
Arosa SC 0 - Fabril 0
Fabril 4 (Pidlepenets, Villares, Pedro e Aarón Sánchez) - CD Pontellas 0
Fabril 1 (o porteiro rival en propia meta) - CD Choco 0
Ourense CF 1 - Fabril 0
Fabril 1 (Iago Parga) - CD Arenteiro 2
Alondras CF 1 - Fabril 0
Fabril 2 (Mario Losada e Iago Parga) - SD Compostela 2
CD Barco 1 - Fabril 1 (Villares)