RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Fabril divírtese practicando paddle surf antes de arrancar a competición

O Fabril pechou onte domingo 5 a pretemporada coa disputa no Municipal García Hermanos da XI edición do Trofeo Cidade de Betanzos, co conxunto local de Preferente Autonómica como rival.

Foron en total dez partidos de preparación saldados con cinco triunfos fabrilistas, dous empates e tres derrotas.

Este domingo 12 de setembro ás 17:30 arranca a Terceira RFEF coa visita a Abegondo do Racing Villalbés.

Hoxe luns, Óscar Gilsanz decidiu cambiar os balóns e o céspede de Abegondo polo mar da Ría da Coruña. Así, nunha mañá calorosa, o técnico deportivista levou ao seu cadro a practicar paddle surf, por xentileza de Paddle Surf Santa Cristina.

O obxectivo que se marcaron os técnicos é favorecer a cohesión grupal e practicar outra actividade deportiva distinta do fútbol.

Loxicamente non estiveron os fabrilistas que ou ben viaxaron co RC Deportivo a Tudela (Davo e Yeremay); ou ben regresaron da concentración da selección española sub-19 (Dani Barcia, Trilli e Noel).

Mañá martes, o Fabril ten xornada de descanso e regresa aos adestramentos o mércores pola mañá en Abegondo.