RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil A golea pero queda apeado das semifinais do Torneo de Roma

O Infantil A goleou hoxe mércores 4 de xaneiro ao Margine Coperta (8-1) na terceira e última xornada do torneo amigable organizado polo club italiano GSD Nuova Tor Tre Teste. Álvaro, Padín, Antón, Axel -2-, Novoa -2- e Jairo foron os autores dos tantos deportivistas.

A pesar deste avultado resultado, o Infantil A quedou apeado das semifinais, ás que só accede o primeiro do grupo, que neste caso foi o FC Inter, o único equipo que foi capaz de tombar aos branquiazuis.

Infantil A: Ríos, Iago, Álvaro, Mauro, Dani, Antón, Javi, Jairo, Padín, Nils e Jorge. Tamén xogaron: Noel, Axel, Novoa, Fika e Chucas.

Os resultados do Infantil A en este torneo foron os seguintes:

Luns 2 de xaneiro de 2017
INFANTIL A 1 (Jorge) - FC INTER 2

Martes 3 de xaneiro de 2017
SS LAZIO 0 - INFANTIL A 2 (Noel e Axel)

Mércores 4 de xaneiro de 2017
INFANTIL A 8 (Álvaro, Padín, Antón, Axel -2-, Novoa -2- e Jairo) - MARGINE COPERTA 1

O equipo branquiazul regresa á Coruña para afrontar o domingo 8 de xaneiro o partido de liga, primeiro do ano 2017, no grupo 1º da Liga Galega. Será ás 11:30 no campo de O Conco de Dumbría, ante o cadro local.