RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil A plasma a súa superioridade ante o Arosa SC con Juan Barros en refacho

Juan Barros foi o protagonista da goleada do Infantil A (8-1) sobre o Arosa SC, correspondente á 4ª xornada na Fase polo Título Galego. O atacante deportivista anotou 5 dianas, ás que hai que sumar as de Jorge García, Oreiro e Hugo Torres.

Con este contundente marcador, o Infantil A colidera o grupo con 12 puntos de 12 posibles, igualado a puntos co RC Celta.

Infantil A: Mateo, Zoe, Lucas, Úbeda, Guerrero, Dani Estévez, Ayana, Hugo Torres, Juan Barros, Jorge García e Noe. Tamén xogaron: Oreiro, Pablo Parada, Carballo e Román.

A próxima fin de semana, de novo toca partido en Abegondo, esta vez ante o Pabellón Ourense CF.

Os resultados do Infantil A en esta Fase polo Título son os seguintes:

ED Val Miñor Nigrán 0 - Infantil A 5 (Mesfin -2-, Jorge García, Lucas e Samuel)
Infantil A 4 (Jorge García, Juan Barros, Dani Estévez e Javi Pita) - UD Santa Mariña 0
Bertamiráns FC 1 - Infantil A 2 (Jorge García -2-)
Infantil A 8 (Juan Barros -5-, Jorge García, Oreiro e Hugo Torres) - Arosa SC 1