RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil A tumba ao CD Lugo con 3 goles nos 18 minutos iniciais

O Infantil A tombou ao CD Lugo (3-0) nos primeiros 18 minutos de xogo, os que necesitou o conxunto branquiazul para anotar os 3 goles do encontro, obra de Lucas e Jorge (2).

Co resultado deste encontro correspondente á 2ª xornada no grupo norte da liga Galega, o Infantil A suma 6 puntos de 6 posibles.

Infantil A: Hugo Sánchez, Oreiro, Zoe, Lucas, Úbeda, Guerrero, Dani Estévez, Jorge, Ayana, Pablo Parada e Beade. Tamén xogaron: David Carballo, Óscar, Adrián, Javi e Noe.

A próxima fin de semana, o Infantil A visita ao Victoria CF.

Os resultados do Infantil A até a data os seguintes:

Bergantiños CF 0 - Infantil A 7 (Jorge García -2-, Oreiro, Zoe, Héctor -2- e Pablo)
Infantil A 3 (Lucas e Jorge -2-) - CD Lugo 0