RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Orzán SD Cadete B Feminino suma ante o Silva SD a súa oitava vitoria noutros tantos partidos

O Orzán SD Cadete B Feminino sumou ante o Silva SD (3-1) a súa 8ª vitoria en 8 partidos disputados até a data no subgrupo 1º da Segunda Autonómica.

Sofía Milhem -2- e Dunia Dahmouni foron as goleadoras orzanistas.

Con este resultado, o equipo que dirixe Enrique M. Solla lidera loxicamente o subgrupo con 24 puntos de 24 posibles.

Orzán SD Cadete B Feminino: Sofía Carregal, Tania Taboada, Eva Rama, Sila Santiso, Irene Míguez, Dunia Dahmouni, Carmen Traba, Triana Sánchez, Sofía Milhem, Yanis Citoula e Noa Cardeñoso. Tamén xogaron: Paula Bermúdez, Nuria Valea, Noela González, Yasmin Dahmouni e Alba Monteserrín.

O Atlético Castros será o seguinte rival do Orzán SD Cadete B Feminino, a próxima fin de semana.

Os resultados do Orzán SD Cadete B Feminino en liga son os seguintes:

Orzán SD Cadete B Feminino 2 (Nerea Gamallo e Paula Martínez) - Eirís SD 0
Torre SD 0 - Orzán SD Cadete B Feminino 10 (Dunia Dahmouni -3-, Triana Sánchez -3-, Yanis Citoula -2- e Sofía Milhem -2-)
Orzán SD Cadete B Feminino 4 (Dunia Dahmouni -2-, Yanis Citoula e Alba Monteserín) - Atlético San Pedro 1
CCRD Perlío 0 - Orzán SD Cadete B Feminino 2 (Noa Cardeñoso e Alba Monteserín)
Orzán SD Cadete B Feminino 1 (Carmen Traba) - Discalzas SD 0
Galicia Caranza 0 - Orzán SD Cadete B Feminino 2 (Irene Míguez e Noa Cardeñoso)
Unión Campestre FC 1 - Orzán SD Cadete B Feminino 3 (Dunia Dahmouni, Lucía González e Yanis Citoula)
Orzán SD Cadete B Feminino 3 (Sofía Milhem -2- e Dunia Dahmouni) - Silva SD 1