RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Orzán SD Cadete Feminino cobra vantaxe en Mos na final polo título galego cadete

O Orzán SD Cadete Feminino venceu nas Baloutas (1-5) ao UD Mos no partido de ida da gran final polo Título da liga Galega.

Macarena González -2-, Nadia Longueira -2- e Emma Gandoy foron as goleadoras orzanistas, que se adiantaron pronto no marcador e foron dominadoras sobre todo na segunda metade.

Orzán SD Cadete Feminino: Bermúdez, Alexia Freire, Paula Martínez, Nadia Longueira, Daniela Basalo, Mica Baratelli, Sara Cercido, Emma Gandoy, Macarena González, Lucía Rivas e Laura Santos. Tamén xogaron: Lucía González, Valeria Montero, Sofía Paz, Candela González e Yaiza García.

A próxima fin de semana, o equipo de Enrique M. Solla recibe ao equipo vigués na Coruña no partido de volta desta final polo título.

O Orzán SD Cadete Feminino acabou a Fase polo Título da liga Galega cadete na 1ª posición con 19 puntos por 18 puntos do UD Mos.