RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Semana para o Dépor ABANCA de fin dunha temporada "con boas sensacións porque se conseguiu o obxectivo principal"

O Dépor ABANCA conclúe esta semana a temporada 2024-25, a do retorno á Liga F.

Os resultados da última xornada deixaron ás Nosas en 14ª posición con 27 puntos.

Fran Alonso acaba con "boas sensacións porque se conseguiu o obxectivo principal".

O técnico deportivista sente "orgulloso do traballo do equipo. Cando empecei aquí estamos nunha situación moi difícil, en descenso. Equipos como o Betis estaban a 8 puntos. Era moi difícil remontar. Mostramos unha fortaleza mental, xuntas fixemos un bo traballo e salvarnos cunha xornada de antelación é espectacular".

Asegura que "sentamos as bases para, o ano que vén, volver moito máis fortes".

Están planificados dous adestramentos en Abegondo nesta última semana, con estes horarios:

Mércores 21 de maio
10:30 h. 

Xoves 22 de maio
11:00 h.