RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Orzán SD Feminino Xuvenil xa coñece o seu calendario ligueiro na Primeira División Galega

O Orzán SD Feminino Xuvenil xa coñece o seu calendario ligueiro na Primeira División Galega, que arranca o próximo 10 de outubro.

O conxunto orzanista, filial do Deportivo ABANCA B, quedou encadrado no subgrupo A, con estes rivais iniciais: CPM Friol B, Betanzos CF, CD Lugo, Victoria CF B, SD O Val, Bergantiños CF, SD Tordoia e Antas SD.

O formato de competición será de liga a dobre volta cun total de 18 xornadas. Os tres primeiros clasifícanse para a Fase de Ascenso; mentres que o resto xogará pola Permanencia.

Na Fase polo Ascenso, que se xoga contra os tres primeiros clasificados do subgrupo B, o formato será de liga a dobre volta, cun total de 10 xornadas. Tense en conta a puntuación da primeira fase. Desta forma, o primeiro na primeira fase comeza esta segunda con 4 puntos; o segundo con 2 puntos; e o terceiro con 1 punto. O campión ascende a Primeira Nacional.

En canto á Fase pola Permanencia, os equipos dividiranse en dous subgrupos de seis equipos cada un. O formato será de liga a dobre volta, cun total de 10 xornadas. Tense en conta a puntuación da primeira fase. Desta forma, o cuarto na primeira fase comeza esta segunda con 6 puntos; o quinto con 5 puntos; o sexto con 4 puntos; o sétimo con 3 puntos; o oitavo con 2 puntos e o noveno da primeira fase con 1 punto. Os dous últimos baixan de categoría.

O calendario do Orzán SD Feminino Xuvenil é o seguinte:

Xornada 1 (10/10/2021) Xornada 10 (12/12/2021)
SD Tordoia Orzán SD Xuvenil Feminino
Xornada 2 (17/10/2021) Xornada 11 (09/01/2022)
Descanso Descanso
Xornada 3 (24/10/2021) Xornada 12 (16/01/2022)
Orzán SD Xuvenil Feminino Bergantiños CF
Xornada 4 (31/10/2021) Xornada 13 (23/01/2022)
Antas SD Orzán SD Xuvenil Feminino
Xornada 5 (07/11/2021) Xornada 14 (30/01/2022)
Orzán SD Xuvenil Feminino Betanzos CF
Xornada 6 (14/11/2021) Xornada 15 (06/02/2022)
CD Lugo Orzán SD Xuvenil Feminino
Xornada 7 (21/11/2021) Xornada 16 (20/02/2022)
Orzán SD Xuvenil Feminino CPM Friol B
Xornada 8 (28/11/2021) Xornada 17 (06/03/2022)
SD O Val Orzán SD Xuvenil Feminino
Xornada 9 (05/12/2021) Xornada 18 (13/03/2022)
Orzán SD Xuvenil Feminino Victoria CF B

En pretemporada desde o 20 de agosto

O Orzán SD Feminino Xuvenil iniciou o pasado 20 de agosto no campo artificial de Abegondo os adestramentos de pretemporada.

O equipo estará dirixido por César Conde. Completan o corpo técnico Fernando Felípez (asistente), Diego Sánchez (asistente) e Laura Mosquera (delegada).

O cadro está formada por estas xogadoras:

-Porteiras: Yaiza García

-Defensas: Lucía Mariño, Celia Sousa e Irene Arcay

-Centrocampistas: Abril Pazos, Sara Cercido, Macarena González, Lucía Rivas e Ivana Fernández

-Dianteiras: Noe Gómez e Laura Santos

Ademais, Martina Rivas, Andrea Reigosa, Uxía Rabuñal, Antía Brage, Daniela Agilda, Uxía López, Iría Otero, Laura Deus, Lucía Fontes, Valeria Figueira, Laura Otero e Carlota Paderne adéstranse ben co Dépor ABANCA ou o Dépor ABANCA B.