RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Orzán SD Infantil Feminino non pode en Santiago co Victoria FC

O Orzán SD Infantil Feminino non puido en Santiago co Victoria FC (3-0) en partido correspondente á 3ª xornada na Fase polo Título Galego.

Este resultado, segunda derrota consecutiva, deixa ás orzanistas na 5ª posición da táboa con 3 puntos.

Orzán SD Infantil Feminino: Aldara Crespo, Noa Mouras, Camiño Figueiras, Valentina Millón, Sofía de la Viuda, Martina Vázquez, Noela García, Uxía Fariña, Marta Moreno, Sofía Rodríguez e Sarai Martínez. Tamén xogaron: Naiara Fontenla, Antía Calvete, Carolina Lago, Nadia Bernabé e Eva Ouro.

A próxima fin de semana toca de novo partido lonxe da Coruña, concretamente en Vilagarcía ante o Atlético Arousana.

Os resultados do Orzán SD Infantil Feminino nesta Fase Final son os seguintes:

EFF Rosalía 1 - Orzán SD Infantil Feminino 2 (Marta Moreno -2-)
Orzán SD Infantil Feminino 0 - UD Mos 5
Victoria FC 3 - Orzán SD Infantil Feminino 0