RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O partido do Xuvenil B en Pontevedra pasa do sábado 20 ao domingo 21 pola alerta meteorolóxica

Os dous equipos xuvenís de #ANOSACANTEIRA e o Deportivo ABANCA B retoman a competición esta fin de semana.

O Xuvenil A recibe en Abegondo ao Racing de Ferrol mañá sábado ás 12:00. Pola súa banda, o partido do Xuvenil B no campo Manolo Barreiro ante o Pontevedra pasa do sábado 20 ao domingo 21 ás 13:00 horas debido á alerta meteorolóxica derivada da borrasca Karim, que esta fin de semana afectará a Galicia.

Pola súa banda, o filial feminino desprázase a Vigo para medirse ao CD Valladares, o domingo 21 a partir das 11:45. As branquiazuis pelexan co Viajes InterRías FF polo liderado do subgrupo A de Primeira Nacional.

Tamén xoga o Fabril, despois de que o Xuíz de Competición da Federación Galega de Fútbol establecese as datas para a celebración dos partidos que ten aprazados debido á pandemia de COVID-19 no subgrupo A da Terceira División.

Así, o partido do filial deportivista en Arzúa ante o CSD Arzúa (xornada 15ª) celébrase o domingo 21 de febreiro ás 16:30 no campo do Viso.

O calendario de partidos é o seguinte:

Terceira División
15ª xornada: CSD ARZÚA - FABRIL, o domingo 21 de febreiro ás 16:30 no campo do Viso (Arzúa)
Clasificación do subgrupo A: ... 3. Polvorín FC (dous partidos menos), 27 puntos; 4. Racing Villalbés (dous partidos menos), 24 puntos; 5. Fabril (tres partidos menos) e Viveiro CF (dous partidos menos), 21 puntos; 7. CSD Arzúa (dous partidos menos), 20 puntos; 8. Silva SD (catro partidos menos), 17 puntos...

Categoría feminina
14ª xornada: CD VALLADARES - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 21 de febreiro ás 11:45 na Gándara (Valladares, Vigo)
Clasificación da Primeira Nacional, subgrupo A: 1. Viajes InterRías FF, 28 puntos; 2. Deportivo ABANCA B, 23 puntos; 3. Victoria CF (un partido menos), 22 puntos; 4. UD Mos (un partido menos), 19 puntos...

Categoría xuvenil
16ª xornada: XUVENIL A - RACING DE FERROL, o sábado 20 de febreiro ás 12:00 en Abegondo
Clasificación da División de Honra, subgrupo A: 1. RC Celta (tres partidos menos), 31 puntos; 2. Xuvenil A (dous partidos menos), 30 puntos; 3. ED Val Miñor Nigrán (un partido menos), 26 puntos...

13ª xornada: PONTEVEDRA CF - XUVENIL B, o domingo 21 de febreiro ás 13:00 no campo Manolo Barreiro 1 (Pontevedra)
Clasificación da Liga Nacional, subgrupo A: 1. Xuvenil B, 36 puntos; 2. SD Compostela, 30 puntos...