RCD / NOVAS

O partido entre o Atlético Coruña Montañeros CF B e Infantil B, suspendido o 18 de decembro, retómase este mércores

20/01/2020 20:08

O encontro entre o Atlético Coruña Montañeros CF B e o Infantil B, correspondente á 16ª xornada no grupo 1º da Primeira Autonómica, que foi suspendido o pasado 18 de decembro aos 19 minutos de xogo debido ao temporal de vento e choiva, retómase este mércores 22 de xaneiro ás 19:15 no campo 5 de Abegondo.

O choque arrancará con 0-0, que era o marcador cando foi suspendido en decembro polo colexiado do encontro.

O Infantil B manda no grupo con 51 puntos e 1 partido menos que o seu inmediato perseguidor, o Ural CF B, 2º con 44 puntos.