RCD / NOVAS

O partido estrela, o Teresa Herrera, pecha este sábado en ABANCA-RIAZOR a pretemporada branquiazul

07/08/2019 21:11

O partido estrela do verán, a LXXIV edición do Trofeo Teresa Herrera deste sábado 10 de agosto en ABANCA-RIAZOR ante o Real Betis (21:00 horaas), servirá de punto e final á pretemporada branquiazul.

A partir de aí, o Dépor métese de cheo na competición ligueira, coa visita do Real Oviedo prevista para o domingo 18 de agosto (18:00 horas).

As datas, horarios e resultados dos partidos de pretemporada do Dépor son:

Mércores 24 de xullo: Cidade Deportiva de Abegondo, Deportivo 2 (Christian Santos e Mujaid) - Fabril 0
Sábado 27 de xullo: Cantarrana (Viveiro), Trofeo 25 Aniversario da Peña Deportivista de Viveiro, Deportivo 1 (Borja Valle) - Racing de Ferrol 1. A penaltis: 9-10
Mércores 31 de xullo: Pasarón (Pontevedra), Trofeo Cidade de Pontevedra, Deportivo 2 (Aketxe e Borja Galán) - CD Tenerife 1. A penaltis: 0-1; Pontevedra CF 0 - Deportivo 0
Sábado 3 de agosto: A Magdalena (Vilalba), Deportivo 1 (Borja Valle) - SD Ponferradina 0
Mércores 7 de agosto: A Veigona (Luarca), Trofeo Ramón Losada, Deportivo 1 (Christian Santos) - Unionistas de Salamanca CF 0
Sábado 10 de agosto: ABANCA-RIAZOR, 21:00 h. Trofeo Teresa Herrera, Deportivo - Real Betis