RCD / NOVAS

O porteiro Edu, outro xuvenil que Lotina sobe a adestrar ao primeiro equipo

A novidade no adestramento de hoxe do Real Club Deportivo foi a presenza do porteiro xuvenil do equipo de División de Honra Edu, que tivo a súa oportunidade de traballar cos profesionais deportivistas tras a súa fulgurante traxectoria nas categorías inferiores.

25/03/2009 21:15

Pola mañá, Cristian retirouse antes de finalizar o adestramento cunhas molestias nos isquiotibiais. Pola tarde, o xogador adestrouse xa con normalidade. Lotina recupera definitivamente de face ao encontro de Monjuic do 3 0 4 de abril a Ze Castro, que do mesmo xeito que Bodipo adestrouse con total normalidade. Hoxe estiveron á marxe do grupo traballando no ximnasio Mista, Manuel Pablo, Antonio Tomás, que tras incorporarse onte hoxe viuse obrigado a quedar fóra, Lafita e Riki, estes dous últimos con contusións que sufriron o pasado domingo ante o Betis.

Mañá xoves, o equipo adestrarase ás 10.00 no Mundo do Fútbol. Ao finalizar, os futbolistas gozarán do venres, sábado, domingo e luns pola mañá libre. O persoal volverase a adestrar o luns pola tarde en Abegondo.

Máis novas de: CRISTIAN

RCD / Noticias Relacionadas

21/07/2009 18:52 |

Cristian traspasado ao Hércules

O Deportivo alcanzó un acordo co Hércules para o traspaso dos dereitos federativos do centrocampista Cristian a cambio de 200.000 euros (más IVE). Por conseguinte, o Club desmente que ao futbolista concedeulle a carta de liberdade e que perdoase débeda algunha ao Deportivo.